Avançar para o conteúdo principal

Apadriñada

-O caciquismo nácelle aos povos como che nace a barba.
¡Aféitate, home, aféitate!.
["Cousas", Castelao]

Parece mentira que a estas alturas da Historia, o caciquismo, as clientelas e os padriños sigan servindo de moito para certas cousas, por non dicir para TODAS as cousas.
Que mentira cochina esto da democracia, da igualdade de condicións, da liberación sexual da muller, dos destiños manifestos.
Pois, para non ser menos que outros e outras, eu tamén quero un padriño. Un padriño con puños grandes e cerebro pequeno, ruín e avaricioso, que dea azos á ambición sen límites que aínda repousa caladiña (que non durme) en mín.

Comentários

tete disse…
queres que che diga? queres que che conte? nada sabe tan ben como sentires que o teu traballo, que a túa situación son producto da túa vontade, do teu esforzo, das túas ansias.
os padriños piden pleitesía eterna. eterna. roen a conciencia e apodrecen o espíritu.
veu un padriño á miña casa. marchei de galicia. pero non vendin a alma.
biquiños de exiliada.
Unknown disse…
Que me importa xa a mín a pleitesía, se sexan ou non padriños propios, temos que render contas a todo o mundo, sempre?

Non creas que non o teño pensado.

O meu futuro tampouco está en Galiza. Nin na casa na que agora vivo.

Nunca se sabe...

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.