Avançar para o conteúdo principal

Hedreando


O termo non é do máis correcto, entre outras cousas porque non creo nin que exista. Pero é o que mellor expresa a miña situación agora mesmo.


Como a hedra, apodérome dun espazo arredor de mín que estaba vacío, e fabrico a miña propia expansión.

Sigo ó Sol, e ó seu pulso interno.

Contráiome e expándome.

Como un latexo que palpuxa incesante.


Comentários

tete disse…
Sempre admirei o tesón e a forza da hedra, que consegue máis do que moitos quixeramos: un espazo de seu, un alento de seu, unha cor de seu.
Cando viaxo, retrátoas e lévoas comigo.
Cando medre, preguntareiche como conseguiches enraizar.
Moitos bicos e moitas grazas!!
Unknown disse…
E quen sabe se cheguei ou chegarei a botar raíces?

Sempre digo que as miñas, quizais máis que outras, son raíces aéreas. Que importa se non hai terra á que atarse. O sustrato non é o chan. O sustrato é o que levamos dentro.

Grazas outravolta polo post.