Ás veces, hai camiños que se nos abren sós. Son froito da unión de múltiples e afortunadas casualidades, de fracasos repetidos unha e outra vez. Da falta ou do exceso de reflexión, do pensamento obsesivo, das compulsións e da tan necesaria benevolencia dos ventos. Son unha mestura imprecisa pero efectiva (a fin de contas) de todo o que fomos facendo e evitando. Non medramos árbores soas, sobrevivimos no bosque. No máis profundo del. Leo moito, ultimamente. Paso horas lendo, corrixindo, revisando, asesorando, acompañando, reescribindo, deseñando. Leo moitos textos de moitos outros que escriben sobre outros tantos temas diferentes. Leo moitos xéneros distintos. Corrixo, edito, asesoro, reviso, reescribo. Déitome pensando en se tal ou cal texto tén unha dilatadísima marxe de mellora, aínda. Penso se serei capaz de expremer ese potencial. Penso en porqué non o fixen antes. Penso no que deixei de facer ou de querer, por non saber recoñecelo a tempo. Penso no porqué, en todos os p...
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]