Avançar para o conteúdo principal

Hifas



Segundo o Dicionario da RAG, unha hifa é un "filamento microscópico pluricelular, cun ou dous núcleos por célula, simple ou ramificado, que forma parte do micelio dos fungos". O meu subconsciente funciona ás veces así, como as hifas, como as raíces estendidas das árbores baixo o manto de terras e as follas secas, como a rede tensa de cores vibrantes das mulleres que danzan de mans dadas no cadro de Matisse. Asústame ver ata onde pode chegar a intuición. 

Dóenme as costas, pero non é a miña dor habitual, non se sente de igual xeito. Cambiou.

Sei que che doen tamén a ti, e moito. Que estás pasando por algo tan profundamente ferinte que o corpo resénteseche e deixa de sosterte, como unha columna crebada que ameaza con esboroarse. Doe tanto como para que esa intuición da túa dor chegue ata min e poida sentila fisicamente, agora e aquí.

Espero que esteas ben, se les isto. 



Hoxe soa.-New World, de Björk en Spotify


Comentários

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.