Avançar para o conteúdo principal

Levamos en nós o bosque

 (a imaxe sae de aquí)


"I shut my eyes and all the world drops dead;

I lift my lids and all is born again.

(I think I made you up inside my head.)”

Sylvia Plath

 

Levamos en nós o bosque:

a extensión lonxincua das pólas

e o profundo entrenzado das raíces-

a voz olorosa do romeu salvaxe e da salvia

nas crinas.

 

A súa vibrante luz azul.

 

Levámolo en nós:

inza a nosa pel salgada de sementes,

cóbrenos a boca de brións

e os beizos, de pétalas brancas e follas

que caen

como unha fina choiva

aportando mansa na superficie

do corpo

e a súa profecía.

 

Porque levamos no noso nome o nome do bosque,

é el quen, con urxencia,

nos reclama:

xa só queda agora,

espidas e sen compases,

atravesar de mans dadas o seu linde

e entrar sen medo nel.


Hoxe sona.- "Sur le fil", de Yann Tiersen

Comentários