Cargo nos ombreiros o peso do mundo. De tanto en tanto, salmodio as perdas- observo a dor e a ferida nos meus rasgos na codia do espello- asumo a culpa coa fronte baixa e batendo no peito coa man da carraxe. Os seres queridos que tanto me faltan o vacío que devora o peito, cadavre en pé aínda. Nai e Pai - e as texturas da cor verde e do aire. O río como unha ferida e os días que caen en min, un tras do outro, como pedras.
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]