Avançar para o conteúdo principal

Colossus (XVII)

Abrir a pel
e ulila
como se ule a pel
das mandarinas
nas mans.

(...) Hai un espazo en branco, un leve impassé no caderno
e os ollos e a chuvia
caen severos sobre nós
con furia e con pena

como ao ulir a pel das mandarinas
na ansiedade do traxecto inverso

E só hai que abrirlle así a pel, ves?, con mans compasivas-
abrirlle a pel por completo-
abrirlle a pel, sacrificándoa, dun golpe-
abrirlle a pel-
abrirlla-
abrila.


Citrus, A. Kantrowitz (2010)


Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!