Interior.Strandgade 30 W. Hammershoi Sentaremos unha fronte á outra nunha mesa calquera nun café ou nesta mesma onde agora escribo de noite. A conversa comezará casual, falaremos sobre o tempo sobre o olor pesado e cotián do día a día o meu traballo, o teu "como é que te fixeches poeta?" engruñarei os ombreiros "son cousas que pasan" e un sorriso prenderános nas bocas porque temos un sentido do humor tan parecido. Mirarémonos de fite en fite os ollos o nariz as orellas a forma da cara as enrugas a intersección das clavículas e os ombreiros as marxas as miñas marcas da varicela mentres me contas como celebrabas cunha torta de aniversario cada decembro (así durante oito anos) ata que aquela vidente che dixo que non facía sentido porque eu estaba morta e decidiches despedirte e non houbo máis velas que soprar. Recitarei toda a lista de preguntas que levo gardando na miña c...
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]