Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de dezembro, 2016

Colossus (XV)

Nai tiña un cesto de vimbio co que apañar froita á caída do sol da tarde: os carolos que quedaban sáns do bicho ou dos corvos- as mazás, no tempo das mazás- as uvas, as cirolas, os pexegos, os caghotes do camiño as peras de sanxoán, os tirabeques, as xudías, as bévoras. E os figos, en agosto. Para eles, o ritual era delicado: sempre, unha folla de xornal vello no fondo do cesto porque así non se mazaban. Depositabamos un e un despois de apañalos pelexando aguillón a aguillón cas nésporas. Entón, o sacrificio: abrir ao medio cos polgares aquela carne tenra doce era abrir no altar da palma a entraña encarnada do Sagrado Corazón. Nai tiña un cesto feito de vimbio co que apañabamos a froita e as flores de Defuntos, cada unha no seu tempo. A horta medraba- a herba medraba- E as árbores. E a súa sombra cara ó inverno.