día 15 E, de súpeto, un día comezas a dubidar de todo. É algo así como esa sensación de abandono que ás veces se nos atravesa como a proa dun barco, de parte a parte. Mentres lavamos a cara. Mentres vestimos roupa fría que cada día estrangulamos nunha percha. Dubido de todo. Do que creo, do que sinto, do que fago, do que leo, pinto, amo, cociño, cuspo, mexo, vexo, escribo. Estou cansada. Non creo en nada. Non creo. Non sinto nada. Só as notas dos temas que escoito, compulsiva. E ‘O Moldava’. Os acordes incesantes. As melodías reiteradas unha e outra vez, en todas partes. Ata a tolemia. Esa semente que está aí sempre, pendente de min, de asaltarme e derribarme. Son unha crisálida sen bolboreta dentro. Como as que aquel vello amosaba orgulloso de si, cun alfinete atravesando os cilios, a coraza crebada, todo o pequeno peito en que alentaba o ser e a beleza das bolboretas de todo o mundo. Cada palabra incrústaseme nos dentes, como ...
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]