Avançar para o conteúdo principal

Nunca poderei voar


"- I am jealous of those who think more deeply, who write better, who draw better, who ski better, who look better, who live better, who love better than I."

Sylvia Plath, The Unabridged Journals



Ler isto e asentir. Asentir moito. Moitísimo. 
Saborear o regusto metálico das ansias de saltar, da catástrofe sanguiñenta da caída. 

Saber sempre do inestable equilibrio que tanto me (nos) gusta neste xogar a non facer pé, paseando polo gume entre o éxito e o fracaso.


Saber que, por moito que escriba e reescriba, por moito que lea, por moito que pense, que ame ou que viva, nunca poderei voar.



Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!