Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de setembro, 2013

Wonderland

                                      [A imaxe sae de aquí ] WONDERLAND Un café, sinxelo e sobrio, nunha sobremesa. Voute recoller nun intre , dis. Arrecende a verán no ceo da miña boca. Recito algún pequeno poema que ti me pides, tímida. A mesa, sucia e pegañenta de cervexa, énchese de formigas que se pasean polo noso desexo e entre os graos de azucre branco  esparexido por descoido arredor das tazas. De sócate, só uvas e auga. Calo. Os teus dedos enléanse cunha mecha do meu cabelo mentres te atreves a bicarme, Qué vou facer contigo…?, ule tan xenerosa a tenrura da túa pel baixo o sol da tarde… Entón, volvo a hoxe, a agora e xa nada diso queda de nós e penso en canto te estraño. Ruína- Cando foi  que nos perdemos neste labirinto xa sen minotauro cegos e mudos violentos   e abandonados ...

Family Affair

Family Affair Adquirir a arborescencia exuberante das nubes de tormenta. Ir abrindo un fondo suco de carne sucia e sangue na terra seca e semiala de palabras de mirada torva e carabuñas de lume e saciedade. Nas ás do merlo, sentir a perversión das  porcións de torta de cumpreanos na mesa da cociña que tiramos ao lixo ó rematar a festa - acórdaste ?-. E machucar entre os dedos como cinsa a calidez esmorecida do sol de Setembro que se mestura co aroma a uvas maduras nos vidros  das nosas xanelas.