Foi ao que nos
conminou a catástrofe:
ao estrepitoso devir da derrota.
Ao fracaso
ao cauce seco
ao libro en branco
e á desidia.
Ao desamor
a desandar os pasos.
Nada diso importa xa.
Apenas somos pequenos puntos de luz
esmorecendo
en cada unha das palabras.
conminou a catástrofe:
ao estrepitoso devir da derrota.
Ao fracaso
ao cauce seco
ao libro en branco
e á desidia.
Ao desamor
a desandar os pasos.
Nada diso importa xa.
Apenas somos pequenos puntos de luz
esmorecendo
en cada unha das palabras.
Comentários