Foi ao que nos conminou a catástrofe: ao estrepitoso devir da derrota. Ao fracaso ao cauce seco ao libro en branco e á desidia. Ao desamor a desandar os pasos. Nada diso importa xa. Apenas somos pequenos puntos de luz esmorecendo en cada unha das palabras.
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]