Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de maio, 2013

Renunciar

Renunciar. Á viaxe Ó tránsito suave Ó silencio baixo as mantas Á bondade harmoniosa das árbores en outono. Renunciar a todo o que une ó que constrúe e atopa E camiñar -cadavre e pedra, de ombreiros caídos  coa expresión sonámbula dos ollos de auga das vacas arrastrando os pasos cara a abaixo e en ruínas. Non hai horizonte prendendo no futuro. Non hai finais felices que me representen nin quérotes e perda nin garderías nin roupiña de diario nin xofre nin cadaleitos abertos nin doceevinte nin perigo Nin fracaso. Nin o poema. O poema tamén se perdeu, coma mín, hai tempo. E só queda, ante todo, renunciar e este vasto ermo xa intransitable.