Avançar para o conteúdo principal

De dentro cara afóra



De dentro cara afóra

espir a consciencia de

cada parte do verso

até chegar ó centro absoluto

do poema.


Arrincar a compostura

e os hilváns,

esquecer a moderación e o decoro

de días pasados

o medo agónico aos ídolos e ós deuses

establecer novas regras de xogo

e atentar contra o estado de benestar

da palabra


De dentro cara afóra

cuspir sobre os principios

que encorsetan

e definen as (nosas) propias estructuras


desfigurar a forma


liberar a esencia


e destilar

pacientes


a beleza fráxil e agoirenta do silabario:

eis o manual segredo que fai florecer o máis fértil e perfumado deserto.



Comentários

rui disse…
Perdérache o rastro. Contento de volver a lerte na rede.
Sabías que Blogger clasificouche o blog como "de contido para adultos"?. Esto vai ser pola cita de Kafka. Seguriño!

Bicos
Mara disse…
Coido, querido Chousa, que esa parvada foi cousa miña... Debería configuralo como estaba antes, vaia...

Unha aperta e un bico!
Angel Utrera disse…
Neves....¿Podo subir no meu blog,de poemas e poetas, alguns dos teus...Por sioposto sempre cito autor, e enlazo con seu blog....Se queres botarlle unha ollada antes, deixote o enderezo..
Grazas.

http://espoesiadesdeagolada.blogspot.com/

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.