Avançar para o conteúdo principal

Danzando

Con tanto abanear, parece que bailo.

A herba seca asubía co vento do Norte nestes días de calor, animando a carraxe do lume, que arrasa todo até o máis profundo das raíces na terra poeirenta.

Estráñote.
Sequía pertinaz do teu silenzo.

Vou apretando os meus ollos cansos para albiscarte, con algo de sorte, na distancia. Pero evito os teus roteiros -cerimonia de tránsito- na cidade que durme (dígolle 'adeus' mainiño a cada porta, a todas as fiestras brancas e ós coches de reparto).

Para non verte. Por se me súan as mans e tatexo.

Porque teño esperanza e medo
a un tempo
e non me gusta
a temeridade suicida dos sobresaltos.

Comentários

Anónimo disse…
Linhas pirófitas de palavras ardentes
que arrasam línguas incautas
- com sabor a queimado
de chamuscas indenes...
Cadê?

(De)flagra-do em teu corta-fogo
de sombras candentes e poeiras cáusticas
meu mundo virou crematório
pensamentos defumados
rumo ao oblívio

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!