Avançar para o conteúdo principal

27

Feliz ano novo, penso.

Tampouco se está tan mal cos 27 acabados de cumprir. A casa, os pais, as amizades, as ideas e proxectos..., seguen estando comigo como até onte. Xa non sinto soidade na miña soidade.

Non se está tan mal, vinte + sete, se non fose por esta terrible resaca...

Comentários

Raposo disse…
Feliz aninovo, con o sen resaca.
rui disse…
Feliz ano, e aguanta aí que pronto ven a seguinte resaca.
Alfonso Láuzara disse…
Ai Mariola! Facía tempo que non pasaba por aquí, e agora teño nesta visita unha sensación agradábel. Con resaca... - esa mala vella compañía coa que andan mellor @s nov@s - quizais andemos a dar os primeiros pasos dun ano redondo de 20x10 voltas. Ese é o meu desexo que aquí deixo constar xusto antes de que se active de novo a incansábel rutina que nos deixa sen tempo para estas visitas. Aproveito pois este remanso de resaca para mimar amizade en navicularia! ;-)
Feliz 2010! Bicos

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!