Avançar para o conteúdo principal

Fins de semana

Se hai dous fins de semana estiven en Santa Cruz de Oleiros (precioso lugar!), no Encontro de Escritores Novos organizado pola AELG (graciñas polo convite!); este fin de semana pasado puiden reunirme con escritores en Vigo (o venres pola noite) e recitar poemas novos e menos novos o sábado na agradable saliña de estar que preparou o AchegARTE.

Parece que navegar soa me agrada e me convén.
Que a cor amarela do meu cuarto propio, antes aínda de estar rematado, fai que o sol interior alumee con forzas anovadas.

Gústame poder sentir este cambio de aire... O vento ultrapasa a miña fiestra e rodeame, aliméntome das partículas de vida que quedan suspendidas nel, como a pranta das meigas nos balcóns.

Sigo.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!