Avançar para o conteúdo principal

Nadando a crawl

Cando o repenique das uñas sobre a mesa se fai tan audible que case se pode ir recollendo como uvas maduras, e a impaciencia é un rictus na faciana máis que un estado pasaxeiro do ánimo.

Malia todo, esta felicidade. Sen máis.
Non son só palabras.
Estrañábate e apareciches nadando a crawl entre as letras da miña cullerada de sopa.

O teu nome, como unha beizón nos meus labios e no novo día.

Comentários

Pois eu non che sei, pero considero que nunha culler de sopa nadouse sempre moito mellor ó estilo da rá...
Bo proveito cos fideos e bon apetit co nome saboreado.
Xoan da Cova disse…
Mariola, o teu perfil no facebook dame "non disponible", non sei qué pasa.
Faléi coa propietaria dos "animaliños", e hai que concretar: "UN" ou "UNHA".
Anónimo disse…
Ás veces, as palabras sinxelas que conteñen ideas claras van entrelanzando un texto que se convirte en algo grande, coma este.
Un saúdo.
Bieito disse…
Esa emoción parece bucear entre as letras do corazón.
Zeltia disse…
aínda que só tí sabes ben do que falas,
eses significados que quedan ocultos polas palabras que elas mismas amosan,
eu tamén lle atopo un propio.
algún dos teus gústanme especialmente,
coma éste.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!