Avançar para o conteúdo principal

Just a bit broken...

Agora xa non me precisas para nada.


Supoño que só me queda a caixa das cousas esquecidas.

Comentários

Alfonso disse…
Tantos soños imposíbeis...
como é que o mundo sexa posíbel?
outro mundo
e este tamén
e un soño dentro sempre precisa saír.
Un anaquiño de soño chega
para nos manter enteiros

Bicos mariolos
Paz Zeltia disse…
sempre que veño por aquí,
sorprendenme moitos das entradas.
dis tanto con tan pouco.
cada liña chega ata donde ten que chegar.
sen palabrería innecesaria.
coma alguén nú nunha habitación valeira.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!