Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de agosto, 2009

Just a bit broken...

Agora xa non me precisas para nada. Supoño que só me queda a caixa das cousas esquecidas.

O que son as estrelas no ceo

Se escribo poemas tristes e falo en soños e ando arrastrando as sandalias (cos ollos sen ver malia que abertos), a culpa non é miña soamente. Que as bágoas que choro son pequenas estrelas que me pingan nas palmas das mans abertas. Tés moito que ver nisto. Tanto que ás veces me sinto alienada: son un oco nunha pedra furada pola corrente. Di: canto resistirei antes de romperme en guizos e ser area no vento? Hoxe sona.- L'Échec , de Yann Tiersen