Avançar para o conteúdo principal

Getting impatient

Os días pasan.

Teño un plan case perfecto para estructurar de novo os meus cimentos. Pero todo parece querer levarme a contraria e ir amodiño amodiño.

Voume conformar por uns días coas noitiñas de verán que se van prefigurando na solaina. No doce recordo das que me construiron hai cousa dun ano, case. Cando comprendín.

Hai que comezar polo comezo: recoller os armarios e os mobles. Arrincar a pel vella das paredes e ofrecerlle a redención dunha perspectiva vital nova. Unha dinámica potente, consciente, resistente.

Din que á terceira vai a vencida. E eu xa estou que fervo.




Comentários

Raposo disse…
Din que non existen os plans perfectos...
fgul disse…
eeeco
Afortunada ti, que -se ferves- xa che faltan menos fervores...

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!