Avançar para o conteúdo principal

Presenteir@s

Mañá toca presentación de "Código Poético" na Estrada.

Todas e todos me preguntan se non estou nerviosa, ai ai, mimadriña querida!, vaia por Tutatis. Nerviosa, non. Relaxada..., quizais. Ata "pasota", diría eu. Pero, por se acaso o discurso se me queda en nada como no acto de Dodro, hoxe escribínme un esquema de puntos a tratar.

Queda a libre eleción (segundo de onde veña o aire) os poemas a recitar para pechar o sarao.

E levarei ibuprofeno, que nunca se sabe.

Comentários

LM disse…
sempre é bom preparar a retaguarda ;-)
beijos e feliz entrada no 2009!
Unknown disse…
Grazas LM, feliz entrada no ano novo para tí e os peques tb!

Un beijo grande, André.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!