Avançar para o conteúdo principal

Levaetrai

Veño e vou.

Non importa canto tardo no traxecto porque o traxecto é o que importa.
Sigo trazando elípticas neste movemento pendular que me oscila.

Comentários

Quen carallo era aquel que dicía que "no hay camino hacia la felicidad; la felicidad es el camino"?.

Feliz Noiteboa, poeta
Unknown disse…
Lé ben o texto. O importante SEMPRE é o camiño. Cada paso.

Non cara a onde nos leva.
Es novo aínda, André, para entendelo, quizais.

Ou é que eu me sinto xa algo vella...
rui disse…
Nunca se chega a sitio ningún, por forza o importante ten que estar no camiño.

Boas festas

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.