Avançar para o conteúdo principal

Fin e comezo

Roda do Samsara.

Non deixes de virar aínda que traias dor.
Porque mellor é sentir, sempre, que estar calado, mudo, insensible.

Roda do Samsara, que me traerás no ano novo?

Comentários

Anónimo disse…
Feliz ano novo. É sempre un placer pasar polo teu blog. Gústame esa estética de Frida Kahlo e a paixón e intensidade que pos no que escribes. Un saúdo.
Mer disse…
Estes días ando sen tempo para ler os blogues amigos, pero entro un anaquiño para polo menos desexarche que entres con bo pé no novo ano.

Felices festas.

Bicos.
paideleo disse…
Feliz 2009.
Anónimo disse…
FELIZ ANO 2009
Raposo disse…
Feliz 2009, que che traia iluisón e forza para seguir de pé.
Boas letras para o dousmilnove. Bicos poéticos en código (jajaja, que piruchada máis bonia me saliu)
Unknown disse…
Feliz ano 2009 a todas e todos as e os que ledes esta bitácora.

Apertas e beijos!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.