Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de dezembro, 2008

Presenteir@s

Mañá toca presentación de "Código Poético" na Estrada. Todas e todos me preguntan se non estou nerviosa, ai ai, mimadriña querida!, vaia por Tutatis . Nerviosa, non. Relaxada..., quizais. Ata "pasota", diría eu. Pero, por se acaso o discurso se me queda en nada como no acto de Dodro, hoxe escribínme un esquema de puntos a tratar. Queda a libre eleción (segundo de onde veña o aire) os poemas a recitar para pechar o sarao . E levarei ibuprofeno, que nunca se sabe.

Catro días

Só catro. O catro é un número feo. É unha cadeira incómoda, pouco confortable, deprimente e absurda. Catro días, e comezo a virar na tolemia desta amarga e doce bipolaridade. E todo segue como se nada cambiase neste ano que continúa e xa vai, de novo. Tan terrible... I’ve been walking in the same way as I did...