Avançar para o conteúdo principal

A enfermidade non abandona estas paredes

Mentres eu me recupero, el enferma.

Como pode ser que teñamos as mesmas infeccións se, na práctica e na teoría, non son contaxiosas?

Esta casa tén o mal de ollo botado.
Terei que matar a Elizabetha.
Con ela chegou o mal.
(Será toxoplasmose??)

Comentários

LM disse…
hoje em dia os bichos som mais resistentes... viste o dos piolhos que dizem que agora som piores por causa dos peiteados modernos?
beijos
Unknown disse…
Dilo polos "emo"?
:)

Espero que non sexa toxoplasmose, a veterinaria díxome onte que é moi estraño que a gata a teña..., pero mandeille face-las probas, non vaia se-lo demo...

Beijo!
fgul disse…
hehehe; nada nada; solicitemos a sanidade un precinto para esa residencia... non vaia ser que a praga se extenda.

Unha aperta.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.