Avançar para o conteúdo principal

Vivan os pipiolos borderline

Como botaba de menos a soberbia estúpida e recalcitrante dos pipiolos na Universidade, que se cren los putos reyes del mambo, que manchea de oxtias lles metía...

Así nos va, xénero humano decadente, que perde a educación e todo iso das boas maneiras.

Este ano voume adicar a sabotear todos os seus intentos de ambición, por mis cojones.

Primeiro día de aulas e xa veño ben quentiña.
Vou disfrutar desta carreira, bien sabe Dios que si.



Comentários

cneirac disse…
Coincide que hoxe mesmo por unha casualidade compartín mesa entroutros cun pipiolo deses de 18 anos con piercing e dous brincos na orella, fillo de mestra, residentes nas aforas de Lugo, que NON SABÍA O QUE ERA A TONA.

Ergo, comparto varias das súas impresións.
MMM disse…
hahaha! pero se antes d'onte eras ti a pipiola! abofé que si! xD

Da-lhes umha oportunidade aos meninhos

P. S.: O certo é que eu tampouco os aturo

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.