Avançar para o conteúdo principal

Influenza

Parece ser que resulto unha agradable anfitriona, e a amada influenza non me abandona aínda.
Supoño que terei que recollerlle as cousiñas todas e pedirlle sen miramentos que marche dunha vez, porque esta conxestión nasal, esta voz de Amy e esta cara de anémica crónica non resultan nada agradables, por non falar do sono que me aletarga ó longo de todo o día.

Dóeme o corpo como unha ferida aberta, comesta polas moscas.

Iso si, non hai tregua.
As aulas son sagradas e a presentación (agora que teño vestido) tamén, máis aínda se cabe, malia que non saiba cando nin onde nin nada de nada en xeral.

Que os deuses nos acudan..., se é que non andan con moqueira tamén eles.

Comentários

Antón de Muros disse…
Eu tamén teño gripe. Só que non teño unha presentación por diante...

Que mellores. Ánimo!

Antón.
Nin che preocupen os mocos. Ti fai unha alusión graciosa a eles con cara de risa, seguido dun sorbido rinomocal e xa verás como todos rin e mirándose entre uns e outros comentan: "mira que ghraciociña está a mocosa!".

Moito ánimo, que non hai catarreira que cen anos dure.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.