Avançar para o conteúdo principal

Adiccións

Para todas e todos as e os que fumades e queredes deixalo, xa tendes no mercado a terapia de choque por antonomasia que esperabades! Lede AQUÍ.

Comentários

paideleo disse…
Ui, menos mal que eu o deixei polas boas hai un tempo !.
Mararía disse…
Eu xa non miro o enlace, que polo de agora non teño intención de deixalo. Xa o deixei de modo natural durante dous anos, pero agora mesmo ....... necesito un pitillo.
Mer disse…
en fin, eu non fumo nin fumei xamais, ánimo a todos os que queirades deixalo, moita sorte e noraboa aos que o conseguiches

espero que ninguén remate coma os da noticia da voz de galicia

unha aperta

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!