Avançar para o conteúdo principal

Terrible espera

Canto queda para o abrazo que me alivie e o beixo que me calme a sede, quen o sabe.

Miro como sube e baixa o meu peito coa respiración e tómome o pulso.
Acariño o meu ventre estéril co dedo índice, ermo gorento, suspirando.
Fago cábalas co calendario.

Mais...

Comentários

Antón de Muros disse…
Pódese dicir que a vida é unha constante espera.
Ou mellor dito, cando atopes quen calme unha sede, terás outros novos desexos e plans polos que agardar...

Por iso, agarda, mais disfruta o que xa tes ;-)

Saúdos.

Antón.
LM disse…
toda espera sempre tem um fim. beijos
paideleo disse…
Todo ven ao seu tempo.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!