Avançar para o conteúdo principal

Todos os días son Domingo

Lino nalgures, e pareceume ata gracioso.

Agora convírtese, de pouco en pouco, nunha actitude perante a Vida: cada día debe ser unha festa, chea de luz e ledicia sinxela.

Creo que non é unha loucura miña, e espero que non sexa algo pasaxeiro nesta montaña rusa atolada e veloz que me viña perseguindo nos últimos anos.
Creo que vou parando esta inercia estúpida e nunca satisfeita de mín mesma. Son.

E comparto a miña soidade feliz e buscada convosco, que mellor forma.


"Comparte a miña soidade compartindo o meu pan" [X. H. Rivadulla Corcón, "Pan"]


Hoxe sona.- Ley de gravedad, de Ojos de Brujo

Voy sin brújula ni prisa
y en mi soledad me encuentro en technicolor.

Comentários

Paz Zeltia disse…
Cómo llenarte, soledad,
sino contigo misma...
ya lo dijo él.
Concordo en que "compartir a soidade" resulta unha frase moi poética; pero no que xa non estou nada de acordo é en que os domingos sexan días moi bonitos. Eu son moito máis de sábado (ainda que non sexa sabadete...)

Bicos acompañados
Anónimo disse…
Xa verás cando che saia ese traballiño, que ti e máis eu sabemos, como serán domingos todos os días, indo a tomar café pola mañá....


Por certo, este home era o que me decías que buscara...

Fallece Mahmud Darwish, considerado el "poeta de la resistencia" palestina

http://tinyurl.com/5g6sgv



Beijos doces e amorosos
Unknown disse…
Mahmud Darwish, grande.

Xa veremos o do traballo, e eu prefiro os domingos, Chousa, porque mos paso como unha vaca podre, se vai bo día aproveitando as caricias do sol; se chove, vendo un filme; se vai frío, indo a ve-lo mar.

É cuestión de como cadaquen invirtamos o tempo.

:)

E os sábados, deberían ser sabadetes por lei. :)

Beijosmil

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.