Avançar para o conteúdo principal

Comeza o agobio

Hoxe comezan as Festas do Apóstol, e xa me sae a xente pola punta dos pelos. Vou pasar toda a semana lonxe de aquí, ou na casa. Sairéi para o mínimo imprescindible: mercar comida, ver a algún/algunha amigo/a..., máis nada.

Só de pensar nas greas de persoas invadindo a zona vella éntranme suores fríos.

Nestes días só penso en ESCAPAR!!






Praia e faro de Carnota

[A foto vén de aquí]

Hoxe sona.- Struggle for pleasure, de Wim Mertens


Comentários

A min o que máis me amola das Festas é que pechen o Obradoiro para cobrar entradas aos concertos. Para iso é mellor que a pechen todo o ano e que nos abonen a tódolos galeg@s a parte que nos toca.

Beijos festeiros
Paz Zeltia disse…
moi chulo o video sincronizado coa música

non vos queixedes tanto e buscádelle a diagonal a situación, seguro que hai buraquiños moi especiais polos que mirar mesmo no apostolo

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.