Avançar para o conteúdo principal
Vaise achegando cada vez máis o tempo da colleita, fermoso verán.

A colleita.

Que non se boten a perder todo o esforzo e todas as bágoas.
Que o tránsito sexa acougado no seu caos.

Comentários

Collerémolo cesto e mailo sacho logo.

Que a colleita sexa abondosa!
Unknown disse…
Aínda non me dixeches se viñas á presentación da inauguración...
Déboche un libro e un viño :)

Beijos mil!!
Mararía disse…
Diches no cravo con Iggy, é un dous meus preferidos para subir o ánimo ... Un saúdo.
Unknown disse…
Has vir á inauguración da expo, Silvana linda?

É este sábado vindeiro e gostaría de que estiveses, malia que non nos coñezamos :) Son unha sentimental.

Beijos moles.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!