Avançar para o conteúdo principal

Relacións contractuais

Por fin, a miña primeira relación que dá froitos: a relación coa editorial que me publica o poemario. As outras vánme... en fin. Non son moi fructíferas que se diga...

Xa comeza a moverse a maquinaria.

Axiña nos veremos celebrando nos bares.

Daríavos una aperta a cada un / unha dos e das que ledes este blogue, da alegría que sinto.
Daréivola en canto poida. Pórta por pórta, corpo por corpo.

Comentários

Mararía disse…
Noraboa!!!! E deséxote moito éxito.
Unknown disse…
Grazas, Silvana! Espero que nos vexamos celebrando nos bares :)

Beijosmil
Anónimo disse…
En nadiña, estarás nas feiras do libro
Nuevo Ícaro disse…
É a segunda vez que veño por aquí, e dicir non son dos lectores veteranos, pero ainda así alegrome de esta noticia, ten que ser moi satisfactorio ver as tuas verbas impresas e expostas nas librerias..
Noraboa, e que vendas moitos poemarios.
Unknown disse…
Graciñas polos ánimos, André e Nuevo Ícaro. Prefiro o anonimato. Non quero feiras do libro, nin presentacións nin actos literarios.

Certo é que ver os meus versos impresos é unha satisfación polo simple feito de darllos a quen pertencen: aos que os len.

Beijos mil a todos e todas.
prometeo disse…
Non penso mercalo. :P

En serio, moitas felicidades. Xa só te queda prantar unha árbore e ter un fillo. Moi grande. Encántasme en verso.
Unknown disse…
Non, o certo, Prometeo, é que só me queda ter un fillo. Estou buscando candidato. :D

Fas ben en non mercalo, porque non vou cobrar un can das ventas da primeira edición :D

Mágoa que só che encante en verso, supoño que falo menos que en carne e óso. :D

De todas formas, por algo hai que comezar :D

Mágoa tamén que non coñeceses ao escocés. Boa xente.

Vémonos nos bares cando esteas menos canso.

Saúdos.
Angel Utrera disse…
A min dame os bicos e abrazos que queiras, pero antes dime onde atopo o teu libro de poemas....¡XA¡
Anónimo disse…
Felicidades.
Vainos informando de cándo e onde poderemos atopar ese libro, que de seguro será moi especial.