Avançar para o conteúdo principal

Hoxe pode ser un gran día


É certo, non hai días malos.

Todos os días poden ser de festa, ser grandes días, como canta Serrat.
E hoxe éo, porqué non. Aínda que non conseguise ese posto de traballo na libraría.

Non hai días malos, só días algo menos aloucados nos que só nos pode salvar rir.
Porque, por moito que o ceo se anube, non vou dubidar do que vexo en mín, do que sei que me poboa.

[Trópico, de Roberto Forero]





Hoxe sona.- Día a día, de Nubla

Comentários

Anónimo disse…
Hoy puede ser un gran día.
Plantéatelo así,
aprovecharlo o que pase de largo,
depende en parte de ti.
Dale el día libre a la experiencia
para comenzar,
y recíbelo como si fuera
fiesta de guardar.
No consientas que se esfume,
asómate y consume
la vida a granel.
Hoy puede ser un gran día,
duro con él.



PD: Sinto o do traballo. (K)
Paz Zeltia disse…
Sinto que non che deran o traballo :-(
pero gústame verte tan ben!
Unknown disse…
Que remedio queda senon ir arriba, sempre arriba e sempre ó Norte!!

O do traballo é un mal menor, sempre pode aparecer un cando menos se conta...

Pero hai que estar preparado cun sorriso na face para encaralo.
Cuspedepita disse…
Home, días malos hai, no nos imos enganar, pero se lle botas tanto ánimo sonche moito menos malos.
Precioso cadro.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.