Avançar para o conteúdo principal

Fin de curso

Hoxe toco no festival de fin de curso.
Parece que volvo atrás no tempo.
Non me apetece nada.

Estou desmotivada.
E non é para menos, pero iso xa mo gardo para min.




P.S.- Algún de vós bota en falta un post, que xa non se pode ler, pero que non desapareceu, está na miña pasta de borradores. Estou empregando a miña lista de consellos para non ferirme: procuro manter a boca pechada, os ollos pechados, o corazón cicatrizándose.

Grazas a todos e todas os que destes a vosa ollada sobre o tema.
Agradecerei sempre os vosos consellos, de corazón.

Un beijo para todos e todas.

Comentários

paideleo disse…
Ánimo. Quero mirar a chica alegre de Agolada.
Unknown disse…
Sigo sendo a louca de cores de Agolada, non hai forza no mundo que dobregue a miña vontade.

Graciñas polos teus comentarios, e por ter un meniño tan esperto e bonito como o Leo.

Beijos
Cuspedepita disse…
Non sei Marioliña, creo que ti sabes o que che pode facer ben neste momento, estou segura que a túa intuición sabe o camiño a tomar. Pero non sexas esixente demáis contigo mesma.
Cuspedepita disse…
Ti entendesme ¿A que si? ;-)
Unknown disse…
Certo.

Son esixente, procuro seguir a miña intuición. E enténdote á perfección.

Ou iso creo :)

O camiño non sempre se nos amosa como cremos.


Beijo
Borra cantos post consideres. Xa virán outros novos que será un pracer ler.

Beijinhos

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!