Avançar para o conteúdo principal

Deliciosa preñez

Teño un soño que se repite últimamente con bastante frecuencia.

Soño cunha barriga redonda e fermosa, de pel tersa e brillante na que palpuxa a vida.
Soño coa fecundidade do meu corpo.

Soño con fermosas crianzas de pel branca, de ollos claros e de boca encarnada que me sorrín mentres os arrolo nos meus brazos e se agarran ao meu peito, aos que encho de bicos e de agarimos e canto polo baixiño mentres adormecen. E sei que, cando soño isto, sorrío durmida e sinto unha fonda paz e unha fresca ledicia.

Isto pode ter moitas interpretacións, supoño.
Poida que estea entrando nunha etapa de gran creatividade, ou que por fin vaia ver os froitos de anos de traballo.


Ou que, simplemente, a miña natureza desexe a berros a maternidade.

Comentários

d´Agolada disse…
Eu, e non é por nada iclínome pola segunda, a verdade é que incrible o que somos capaces de soñar, o que queremos o que nos gusta, o que odiamos... nunca o saberemos. Bicos
Anónimo disse…
Poida que si sexa eso, e as túas hormonas esteróxenos, anden en movimento...

A mim nos últimos días, non podo soñar e en canto pecho os ollos, véñenme problemas e levántome sobresaltado con moito medo...

Maldito stress
paideleo disse…
Pode ser calquera das dúas cousas ou as dúas xuntas que tamén pode ser.
Espero que o meu Leo non teña nada que ver co isto. Sentiríame culpable.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.