Avançar para o conteúdo principal

Malditos trinos

Se algún de vós, músicos ou instrumentistas, vos atopades cun tr (trino) enriba dunha (ou dun grupo de...) nota(s), cabreádevos. Abandonade a música e cambiádea pola pintura, facede ioga ou kick boxing, saltádevos o trino a la torera, porque si, porque yo lo valgo.

O tr está para foder as vosas horas de estudio, os vosos dedos, a vosa vontade. Minará as vosas horas de sono, as vosas ganas de comer, a capacidade para relacionarvos cos demáis. Sempre estará presente, resoando na vosa cabeza trrrrrr trrrrrrr trrrrrrrr

Porque, queridos e queridas todos e todas, tr é a onomatopeia pura dun peido do demo mesmo.

Comentários

Copiei o texto. Non poderás negalo nunca. E cando compoñas a tua Opera Magister cargadiña de trinos e estrenes por cinco euros no Madison Square Garden; eu fareime rico acudindo a programas-lixo de TV (en TDT, eso sí) falando dos peidos demoníacos

Un bico anxelical
Unknown disse…
Chantaxista.

Xa conseguirei esa copia como unha boa Matahari. Xa verás, xa.

Entón, os trinos que resoen no M.S.Garden serán todo o fedorentos que queiran, ata rebentar os vidros todos da cidade.

Como dí a miña profesora para explicarme o pasaxe en cuestión: tata trrrrrrra trrrrrra tarratata tarratata tarratata tarratata taaa ta.

Quedou claro?

Beijos trinados

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!