Non podía quedar rastro do sangue dos Tsares. Non.
É preciso, dicían os mandos revolucionarios.
Leváronos a todos.
Golpeábanos, dicíanlles altezas e facíanlles reverencias.
Ía frío, tra-la fiestra da cela improvisada nevaba arreo.
Algo antes do amencer, espertáronos a culatazos e sacáronos fóra.
Soaron os fusís.
Un a un, caíron na neve encarnada.
O silencio branco seguiu bailando sobre os seus ollos abertos mudos.

Comentários
Bicos harmónicos