Avançar para o conteúdo principal

Veni. Vidi.

Fun e volvín de Madrid, cheo de xente, por certo. Tamén, tiven a mala idea de ir a Toledo, que estaba chea dos madrileños que saíran de días feriados de Semana Santa.

Visitei de novo os mesmos sitios: FNAC, Museo do Prado, rúas, rúas...

Fun tamén a ver a Luppi no Teatro do Círculo de Bellas Artes, actuando en "El guía del Hermitage". Chorei, por suposto.

En Toledo visitei algún anticuario, comín compango nunha praza soleada chea de xente, envexei a unha parella de namorados beijándose perto de mín nun banco coa dozura do amor que eu tiven e perdín ou que esquecín ou xa non sei.

Fun e volvín. E volverei. A Toledo, seguro. Faltou visitar as sinagogas.
Necesario Sefarad.
Terribles turistas.

Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
Envéééééxote¡¡¡

Eu tamén quería¡¡¡

Logo ti non fuches de turista terrible...¡¡¡

En fin en fin¡¡¡

Mercaches algún libriño por ahí, algunha cousiña???

Navicularia non voltaría da súa xira revestida de espírito español(ísimo), non é???

Saúdos¡¡¡¡
Unknown disse…
Estiven a piques de vender parte dos meus órganos internos para mercar unha peza xudía no anticuario, pero a miña pingüe economía e a miña terrible conciencia do aforro impedíronmo.

Eu non son unha terrible turista, querido. Non vou en tromba, arrasando todo como o cabalo de Atila.

A mín pónseme cara de fascinación, de trance absoluto.

Navicularia non tén un espírito limitado, tampouco. Nin tan sequera poderiamos dicir que teña un espírito galeguísimo ( que cousa tén todo o mundo con poñerme a letra escarlata de nacionalista, santo cristo!)

Máis nada, sigo aínda de tourné por terras extremeñas, a ver se hoxe consigo ir a Yuste a ver a Carlos (iluminábanseme os ollos no Prado!!!!).

Un saúdo. Xa contarei da ampliación de Moneo...
Que sigas a ter unha leda tournèe.
Eu tento voltar dunha viaxe que xurdiu imprevistamente o pasado día 15...
Unknown disse…
Eu chego á casa mañá, se todo vai ben.

Se non chego...

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.