Avançar para o conteúdo principal

Post scriptum

post scriptum

Elo da cadea
onde foi que te perdiches



***

Un caracol tragouse o meu embigo
devorou o meu corazón.

Agora levo no peito un metrónomo/no seu lugar,
para que cando o médico me tome o pulso
non se estrañe

que o latexo incesante me arrole ás noites
mentres intento durmir/pensando
en que /ás veces /nunca
atopo as palabras axeitadas
para explicar

sen sobresaltos
que nun día temperado de outono
/un caracol

tragou o meu embigo

devorou
o meu corazón

e ocupou o seu espazo

iluminou a miña lingua
coa súa saliva
para que non se perdesen
na escuridade do inverno
os versos todos




[De "O camiño dos Caracois", poemario inédito, N.Soutelo]


Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
E dálle coa orxía de metáforas e de símbolos e de ...¡¡¡


jajajajaja

Tradúcesmo, please (Freud como é que lle chamaba ó proceso de interpretación dos soños...)¡¡¡¡

Un saúdo¡¡¡
(Jorge, racionalista a ultranza e realista a esgalla¡¡¡)
Unknown disse…
A ver... Resulta que un día estaba por aí e un caracol metéuseme polo embigo. Facía cóxegas e dixen "mira que gracioso o caracol". Despois, resultou que era carnívoro o moi... e comeu o meu corazón como nas pelis de Indiana Jones.
Claro! Imaxínate o pastel: sen pulso nin nada, un disgusto a miña nai... De aí a idea de poñerme un metrónomo tac tac para que o médico non pensara que eu estaba endemoniada ou así.

Por eso digo que me resulta dificil contar todo isto sin sobresaltos, sobresaltos dos demáis, que vos da cousa, porque para mín xa é algo asumido, se tampouco é para tanto, digo eu...

O da baba do caracol na língua... era para adornar un pouco a porquería de que o cabrón ás veces sae a tomar o sol e me deixa o esófago e a cavidade bucal perdida de mucosidade, puejjj. Pero claro, se o dís como o poño aí pois a xente dise: "ostras que poético!" e non "joder, que puto asco!por que non matas ó caracol??"

En fin. Esa é a interpretación dos versos, a realista. Porque de todas formas, como eu escribin algunha vez, a poesía retrata a vida e eu teño unha vida que nin a Odisea de Homero...

Un saúdo existencialista.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.