Avançar para o conteúdo principal

Pesos mortos

Soio preguntarme porqué resulta tan complexa a comunicación, tan complicada, tan retorcida. E canto máis necesaria se fai, máis nos negamos a enfrontala.

Será que xa non sabemos por onde comezar o diálogo. Porque xa non sabemos dialogar, porque xa só amamos o son da nosa propia voz repetindo os nosos inquebrantables principios vitais, eses que sempre van acompañados dun "iso, na vida!..." "antes mort@ que...", xa sabedes.

Será que xa non nos apetece aturar aos outros e outras arredor, só para acadar o que precisamos ou desexamos no seu momento. Somos unha carga.

Un peso morto na vida dos outros.



Hoxe sona.- The Fallen -- Franz Ferdinand

Comentários

d´Agolada disse…
Tes razón, deberíamos dialogar máis e impoñer menos as nosas opinións. Saúdos.
...hai cargas que se levan de bo grao ás veces...

;)
Unknown disse…
Este Chousa... ;)

A ver se te conectas o mssg de novo, e botámoslle unha parrafada.

Beijos

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!