Avançar para o conteúdo principal

A nena de Rajoy

Esa son eu: a nena de Rajoy. Supoño que, coma mín, moitas outras nenas e moitos outros nenos da Casa de Maternidade de Pontevedra por aqueles anos.

No meu expediente aparece a súa sinatura, dando o visto bo.

Que lástima que a nena lle saíse de esquerdas, farandulera e galegofalante.

Comentários

d´Agolada disse…
A nena de Rajoy, a nena de Rajoy... xa me lembro esa nena negativa, pesimista, anticuada, catolica pechada, conservadora, seria, traidora á sua terra e á súa lingua... como o pai? Non, creo que non es ti. Un saúdo.
Suso Lista disse…
Descuberta, volverei por aquí. Saúdos
asbeirasdoarnego disse…
menuda nena!! como para tela na casa, espero que non salga ao pai, (pesimista) jeje... estas convidada ao meu blog: www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Anónimo disse…
Necesitarás tradutor, para comunicar con Gajoy, xa que o pobre, xa non se acorda de Galicia, so para cando ten que decir; " oiga que yo soy gallego".

Bicos
Unknown disse…
Poida que si. De tódolos xeitos, espero non ter que comunicarme con el, aínda que me gustaría poder mandarlle unha copia dese expediente.

Graciñas a todos pola visita, e polos convites.

Un saúdo!
Ata mañán, nena de Rajoy!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.