Avançar para o conteúdo principal

Definir os límites da Arte

Igual que se limitan as línguas, que se reforman as normas, que se revisa o código penal ou os cánones de beleza e saúde..., deberíase definir a liña que separa a estupidez da xenialidade. Dígoo por esta noticia que xa lín onte pero que non tiven tempo de postear e comentar.

O certo é que nin falla hai de comentala.

Védea aquí e xa me contades...

Comentários

Sorpréndeme sobremaneira a crueldade do "artista"; pero non deixo de entrar nunha especia de pasmoso cabreo polos visitantes e donos da "galería", así como polo convite que recibe a repetir a humanada (non se lle pode chamar animalada, xa que os animais nunca farían tal cousa).
Luz e taquígrafos. Lexislen xa!

Un beijo electoral

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!