Avançar para o conteúdo principal

Teimando

Que vida esta.
Canto me molesta iso de ir ao encontro dalguén e que nunca estea onde se supón que debería estar: no seu posto de traballo.

En fin. Outro anaco de mañá perdida, así non vou a ningures. Pero seguirei teimando.

A mín non hai quen me baixe da burra tan axiña.



Comentários

interpreta-sones disse…
seguro que era funcionario!! :P
Unknown disse…
Non lle andas lonxe, raúl. Grazas pola visita. :)

Un saúdo!
Raúl rouboume (anticipouse) na miña primeira reflexión.
Pero non na segunda, que en realidade é unha duda: cando vas na burra...montas a canchapernas ou de lado como as señoritingas do século XIX?

Bicos teimudos
Unknown disse…
Eu, como un home. Como a muller espartana que levo dentro, como unha amazona cun peito seccionado para tirar mellor.

Nada de señoritingas repintadas con sombreiro e toquilla.

Bicos valentes

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.