Avançar para o conteúdo principal

A sorte do trevo


Dende hai xa tempo, e como bos supersticiosos e supersticiosas (aínda que o neguemos) preferimos ter a Sorte antolladiza de cara que de cú.

Coa Sorte relaciónanse moitos obxetos, sinais, palabras, designios...
Un deses obxetos é o trevo de catro follas.
Un antigo amante díxome que a sorte non está no trevo, senon no feito de atopalo. A sorte resúmese nese intre de felicidade en que te atopas cunha mutación xenética que fai que a cuarta folla do trevo trifolio medre como as outras tres, no canto de cair no proceso de desenrolo da pranta.
Vaia.

E que pasa se, coma min neste fin de semana, te atopas cun de cinco follas no xardín? (prometo foto, está en proceso de secado para plastificalo!!)

Terei moitíiiiiiiiiiiiiiiiisssssssiiiiiiiiiima sorte ou morrerei mañá?

Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
Mulleriña, espero que teñas moita sorte e que non morras mañán...¡¡¡

Un trevo de cinco follas non sei se dará sorte ou non, mais o que é seguro é que é digno de seren gardado para a posteridade¡¡¡

E a ver se é un auténtico trevo, por que eu son un experto en atopar trevos de catro follas que logo resultan non ser trevos. Si, é raro, pero así me pasa...

Talogo¡¡¡
Unknown disse…
É dos trevos de toda a vida, en serio! A verdade é que alucinei. Eu aí "lalalalaaaa" a ver se atopaba algún de catro e voilá!

En canto estea seco (segue entre un tomo da larousse, debaixo de outros tres...) plastifícoo e fago unha peregrinaxe para amosar ó mundo as maravillas da creación.

Saúdo!
Mira que esmagar ao pobre pentafolio no medio da larousse...
Claro que ainda podía ser peor, se che da por metelo no medio dun libro de Sánchez Dragó.

Esto de asociar a boa sorte (veña pola cara ou polo traseiro, que tamén pode vir...) coas mutacións vexetais; de onde raio nos virá?. Así e todo eu tamén quero ver a tua herba.

5 bicos
Unknown disse…
Por iso... Mellor que aprenda... :D

Sánchez Dragó é terrible, lembroo ben da conferencia de Jodorowski e da de Bueno no CGAC. Que tipo.

Cando estea lista a herba da sorte o de quen sabe que prometo facer a ronda para que todas e todos a vexades de primeira man.

Beijos mil!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.