Avançar para o conteúdo principal

Pink Floyd -- Wish you were here

Comentários

Deille duas fresas ó Toxiño
e da xenio ver que ben move o fuciño!

(E sen telo pensado, fixen un pareado)
Unknown disse…
Vaaaaaaaaaaaaaleeeeeeeeeee!

Hoxe non tiña ganas de escribir...

Gústame que coides de Toxiño, coitado el.

Apertas
(cando me levas de tournè a ver eses petros en Antas?)
Na foto do post non se ve con nitidez, pero para ir ver os petros haiche toxos (non toxiños)...e ti non has ter polainas.
Unknown disse…
Ja! Non teño problema cos toxos, nene. Teño vaqueiros e botas de monte.

Cando gostes.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!