Avançar para o conteúdo principal

Soños

Don Antonio Machado foi, (con Federico García Lorca, Juan Ramón Jiménez, Gustavo Adolfo Bécquer, Manuel Antonio, Gloria Fuertes, Gil de Biedma,...) , un dos poetas que encheron as horas libres da miña preadolescencia (que non foron moitas, pero sí as suficientes), acompañados de E. Allan Poe, Salman Rushdie ou Guy de Maupassant, entre tantos e tantas outr@s (era fanática da biblioteca!!)

De Machado, hai un par de poemas recollidos en Soledades e Galerías que ás veces recito con voz tráxica e pausada, como no teatro grego, facendo mofa de min mesma, supoño, nunca do seu autor. Fágoo porque me estarrece cada unha das súas palabras e o seu significado en conxunto.

Déixovolos aquí.

LXXXIX

Y podrás conocerte recordando
del pasado soñar los turbios lienzos,
en este día triste en que caminas
con los ojos abiertos.

De toda la memoria, sólo vale
el don preclaro de evocar los sueños.

*******************************

Arte poética

Y en toda el alma hay una sola fiesta
tú lo sabrás, Amor, sombra florida,
sueño de aroma, y luego... nada; andrajos,
rencor, filosofía.

Roto en tu espejo tu mejor idilio,
Y vuelto ya de espaldas a la vida,
Ha de ser tu oración de la mañana:
¡Oh, para ser ahorcado, hermoso día!

Comentários

Claro, con Machado de compañeiro (él dicía que ía lixeiro de equipaxe) é doado transitar cara onde sexa.

(Que flor máis chula tes de imaxe, dasma?)
Unknown disse…
Non podo. Está moi lonxe da miña man. É do Xardín Botánico de Berlín, na zona de flora nórdica.

Podes ir visitala cando gostes.

Pero cando vaias, avísame, para que faga as maletas.

Por certo, Benedetti é mellor acompañante que Machado, pero era demasiado nova e os fondos da biblioteca moi escasos na sección de poesía...

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.